Tuesday 14 de May de 2024

A Biblioteca Municipal de Boqueixón ofrece unha actividade de animación á lectura para cativos e cativas de 0 a 3 anos


A Biblioteca Municipal de Boqueixón ofreceu unha actividade de animación á lectura para cativos e cativas de entre 0 e 3 anos. Esta proposta, baixo o lema Abrabebé, está encadrada dentro do programa Ler Conta Moito.

Foron arredor de 35 os pequerrechos e pequerrechas que gozaron coa actividade conducida por Carlos Coira. Vibraron cun marabilloso espectáculo que, partindo dos libros que conforman a colección titulada Conto Cinco Sentidos, realizaron unha viaxe polo mundo dos sentidos gozando dunha proposta que aúna a maxia, o xogo e os libros.